Ourense Cooperativa | A AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE OURENSE IMPULSA O PROGRAMA OURENSE COOPERATIVA PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL
15560
single,single-post,postid-15560,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

A AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE OURENSE IMPULSA O PROGRAMA OURENSE COOPERATIVA PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL

A AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE OURENSE IMPULSA O PROGRAMA OURENSE COOPERATIVA PARA O FOMENTO DO COOPERATIVISMO E A ECONOMÍA SOCIAL

A Agrupación de concellos de Ourense, (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense) promoverán a economía social durante todo o mes de setembro a través do programa OURENSE COOPERATIVA.

Este programavai orientado a divulgar e fomentar a economía social no ámbito territorial da agrupación a través dun programa de actividades para a competitividade e impulso de empresas de economía social.

Ourense 22/08/2016. A Agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social integrada na Rede Eusumo, organiza durante todo o mes de setembro o programa OURENSE COOPERATIVA, un programa enfocado a impulsar a economía social no ámbito territorial da agrupación para conseguir un salto cuantitativo na súa capacidade para xerar e ficar emprego de calidade.

OURENSE COOPERATIVA está conformado por un conxunto de actividades que permitirán aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar na xestión do proxecto e crecer en novos mercados en torno á economía social.

Este programa estrutúrase a través de 3 bloques de actividades enfocados a axudar as persoas e emprendedores independentemente na fase de proxecto na que se atopen:

CREA e INNOVA: Onde están proxectados distintos obradoiros e cursos, presenciais ou en liña, vinculados coa identificación de oportunidades de negocio nos sectores máis dinámicos e con maior potencial da zona xeográfica da Agrupación de Ourense (TERMALISMO, TURISMO, TIC e CULTURA) e coa creación de empresas de economía social.

XESTIONA: Este bloque de actividades permitirán aos asistentes a aprender a xestionar un proxecto empresarial desde a idea ao negocio.

CRECE: Impúlsase un obradoiro de internacionalización focalizado a amosar as oportunidades existentes de internacionalzación e as características dos procesos que poidan permitir levar a cabo a apertura dun proxecto aos mercados exteriores.

As actividades de OURENSE COOPERATIVA terán lugar no mes de setembro nos concellos que conforma a agrupación: Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense.

Este proxecto é unha clara aposta por a economía social como o modelo empresarial que mellor se adapta á nova economía de mercado e aos novos tempos porque ser as empresas que mellor se adaptan á nova contorna máis social, por ser ás máis eficientes, onde as persoas son o recurso máis valioso, que son pola súa natureza as máis colaborativas e que facilitan a responsabilidade social e a sostibilidade.

A Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social “Agrupación de Concellos de Ourense” e a Rede eusumo

O Concello de Ourense, xunto cos municipios de Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín, conforman a Oficina de Fomento Cooperativo e da Economía Social de Ourense integrada na Rede Eusumo.

A través desta oficina levaranse a cabo actividades vinculadas co fomento do cooperativismo e a economía social:

Actividades de formación, dinamización e divulgación dirixido a emprendedores, desempregados e público en xeral, así como prescriptores e axentes intermedios.

Asesoramento e acompañamento de proxectos cooperativos e de economía social.

Apoio a comercialización e internacionalización das empresas de economía social.

Actividades ligadas ás oportunidades de negocio nos sectores predominantes no ámbito territorial que abrangue a agrupación de concellos de Ourense: TIC, CULTURA, TERMALISMO e TURISMO.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

LOGOS OURENSE-01