Ourense Cooperativa | CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL
15543
single,single-post,postid-15543,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

CONVOCATORIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN ECONOMÍA SOCIAL

Na orde do 30 de xuño de 2016, establécense as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa Operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, e convócanse para o ano 2016.

As empresas de economía social, e singularmente as cooperativa, teñen demostrado a súa capacidade de resistencia ás crises, de creación de emprego estable e de calidade, de vinculación co territorio e de mellora do benestar social. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais e cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.

Comunidade Autónoma: Galicia

Tipo de axuda: Subvención

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais e persoas que se incoporen nelas como socias traballadoras ou de traballo. Mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Inicio do prazo de presentación de solicitudes:  28 de xullo de 2016

Fin do prazo de solicitude: ata o 27 de agosto de 2016 para os programas I, II, V e VI. Ata o 30 de setembro de 2016 para os programas III e IV

Documentos adicionais para a presentación de solicitude:

> Memoria técnica do plan de empresa 2016

> Calendario laboral

> Texto íntegro da convocatoria

LOGOS OURENSE-01