Ourense Cooperativa | Economía Social
15317
page,page-id-15317,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-10.0,wpb-js-composer js-comp-ver-4.12,vc_responsive

Economía Social

QUE É A ECONOMÍA SOCIAL?

As cooperativas e as sociedades laborais, xunto con outras entidades, forman parte da denominada economía social, entendida como o conxunto das actividades económicas e empresariais que, no ámbito privado, levan a cabo as entidades que perseguen ben o interese colectivo das persoas que as integran , ben o interese xeral económico ou social, ou ambos.

A economía social supón o modelo empresarial que mellor se adapta á nova economía de mercado e aos novos tempos porque son as empresas que …

As que mellor se adaptan á nova contorna

Son ás máis eficientes

Onde as persoas son o recurso máis valioso

Que son pola súa natureza as máis colaborativas

Que facilitan a responsabilidade social e a sostenibilidade

Cales son os principios orientadores da economía social?

Primacía das persoas e do fin social sobre o capital.

Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica, ao fin social obxecto da entidade, ao servizo da consecución de obxectivos como o desenvolvemento sustentable, o interese dos servizos aos membros e o interese xeral.

Promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza, entre outros aspectos, a cooperación, a xeración de emprego estable e de calidade, a concilia¬ción da vida persoal, familiar e laboral e a sustentabilidade.

Independencia respecto aos poderes públicos.

Compromiso co territorio.

Fortalecemento da democracia institucional e económica.

Cales son os principios orientadores da economía social?

As sociedades cooperativas galegas

As mutualidades

As fundacións e as asociacións que leven a cabo actividade económica

As sociedades laborais

As empresas de inserción

Os centros especiais de emprego

As confrarías de pescadores

Se queres coñecer máis sobre a lei de economía social de Galicia preme aquí:

pdf
LOGOS OURENSE-01